top of page

«Lembranzas Sen Dono»

Chora, Galiza, chora,

que a túa beleza

foise «embora» .

Onde ficaron o arume dos pinos,

a costa verdecente, os verdes castros

ao son da túa poalleira danza?

Cando as fontes de clara auga morma

deixaron de encheren os nosos enxebres cuncos

e para os nosos ríos xa non abonda a terra da choiva eterna?

Como deixamos arrebatarmos

as nosas histórias de perenne húmida bágoa,

gándaras, fragas, soutos, salcedas, e mesmo de nos?

Que é o que nos agocha a lembranza

do que fomos coma pobo e galegos orgullosos

da pertenza a este curruncho do edén na terra?

Quen agora vai-se sentar na bancada dos acusados

e fara-se responsábel de tanta incompetencia

por termos tanto tempo cegados polos nosos própios pecados?

Por que a ti, Galiza que chora;

por que a túa beleza

foi-se «embora»?

«A Galiza Que Chora»

rpm'17


Fornelos de Montes, outubro 2017.

Comentarios


Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
bottom of page