




Songalego-Autor Literario
RUBENS PINTOS MARTÍNEZ




Miguel Ángel Martínez Coello e Avelino Jácome co-fundadores da Revista Nós, a Xente do Redor

Revista,
Nós, a Xente do Redor

Avelino Jácome Iglesiqas Director da Revista Nós, a Xente do Redor

Miguel Ángel Martínez Coello e Avelino Jácome co-fundadores da Revista Nós, a Xente do Redor

A revista Nós, a Xente do Redor, é un movemento que reúne uns cantos galegos conscientes do que son coma galegos e que pretenden turrar pola nosa cultura de forma ceibe e plural, sen condicionamentos, fora do alcance de calquera presión ou aliñamento no eido do pensamento e a política.
Xurde en plena pandemia pola COVID-19, na que, uns «tolos» ourensáns, con Avelino Jácome e Miguel Martínez Coello a cabeza, dan-lles por editar un revista que tenta, salvando as distancias, emula-lo espírito daqueles outros ilustres galegos que dende a «Cidade das Burgas» crearon o «Rexurdimento» ao través da xa afamada e lendaria revista «Nós», que os que non nos entenden ni atenden quixeron afogar coa prohibición do noso legado cultural.



Algúns colaboradores

Kiosco "MARISA"
Fornelos de Montes
GRAZAS Marisa

Kiosco-Librería "EL PARQUE"
Ponte Caldelas
GRAZAS Paula

Kiosco "REGALIZ"
O Porriño
GRAZAS Manuel

Kiosco "A XUNQUEIRA"
Redondela
GRAZAS

CYBER-VIDEO
Ponte Caldelas
GRAZAS Alberto

Librería "EL COLEGIO"
Ponte Caldelas
GRAZAS Amaia

Librería "LOLI"
Arcade (Soutomaior)
GRAZAS Loli

Kiosco "EL PINAR"
O Porriño
GRAZAS Belén

Kiosco "LOURAMBAL"
Torneiros (O Porriño)
GRAZAS Moncho
Presentación Revista nº1


Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.



O pasado xoves, día 11, na sala Tony Ferrer de Ourense, tivo lugar a presentación do número 1 da nova revista cultural galega, «Nós, A Xente do Redor».
Eu non son de Ourense, pero si son galego, son universal e, agora, son «Xente do Redor». Non só teño a honra e o privilexio de así pode-lo contar, senón que agora teño a bendita sorte de «pertencer», de unirme, ao través da colaboración xenuína , a un grupo de persoas unidas polo só afán do coidado, a conservación e divulgación da nosa cultura, a cultura galega.
Os ideólogos e promotores desta aventura, Miguel Ángel Martínez Coello e Avelino Jácome, son desas persoas que fan real aquel dito que di que a sorte favorece aos audaces. Porque hai que ser moi valente, nun momento tan insólito coma o que estamos a vivir (e máis até fai pouco), para aventurarse nesta tolemia de, nada máis e nada menos, tentar de seguí-la estela, recolle-la testemuña do que no seu día, aló polo 1920, Vicente Risco, Ramón Cabanillas e o mesmo Castelao idearon a prol da cultura galega coa creación da revista Nós.
Só na «Atenas galega» podían converxer todos os elementos e circunstancias para que semellante empresa se leve ao cabo. Xa daquela, os primeiros quince números da revista Nós foran editados en Ourense. Hoxe, na mesma cidade, uns intrépidos auto-nomeados «Xente do Redor», xa sacaron a luz o número 1 da nova revista, «Nós, A Xente do Redor», co único propósito do rexurdimento da nosa cultura tal como fai un século aqueles ilustres e salientábeis galegos propuxeran.
E a min, sen saber como, sen méritos algúns especialmente adquiridos, deixan-me ser partícipe desta tolería, tratando-me coma un máis deles, un máis da «Xente do Redor»; e non só iso, senón que permiten-me colaborar na revista. É, por suposto, unha honra, e só podo dar o mellor de min nesta colaboración como mostra do profundo agradecemento que sinto por esta «Xente do Redor».
Temos que apoiar, coma galegos que somos e sentímonos, iniciativas desta índole!
Coma nomes propios citarei dúas persoas especiais para min: Gracias Avelino, gracias Armando; coma conxunto, coma comunidade: Gracias Ourense, gracias «Xente do Redor»!
Presentación Revista nº2
D.E.P. Amigo Fernando




Presentación Revista nº3
Onte na "Atenas galega"«», e nun dos seus locáis máis emblemáticos da cultura, tivo lugar a presentación do nº 3 da revista "Nos, a Xente do Redor"«», na que eu teño a hona de participar.
Foi un acto sinxelo, sen pretensións, que o que os fundadores queren salientar, porque a cultura, aínda que as veces o pareza, non é complicada, e menos complexa.
Este novo "rexurdimento"«» xa conta coa seu tercer andar, un paso máis nos moitos que aínda ten que dar.
Grazas por deixarme dalos con vos!
Afouto a todo quen ame a nosa lingua, a nosa terra, en definitiva, a nosa cultura, que onde se agocha o noso ser coma pobo, que colabore con "Nos, a Xente do Redor"«» comprando a revista e mesmo subscribíndose.
Moitas grazas!





Presentación Revista nº4


.jpg)




20 xuño do 2021, presentación do nº 4 da revista Nós, a Xente do Redor, e cocido de irmandade

OURENSE
«Esa antigua ciudad, que riega el río padre de Galicia y cuyas aguas calientes fueron tan celebradas por los clásicos, continúa conservando todo aquel encanto que tantas páginas literarias dio a la cultura gallega en las plumas de Otero Pedrayo, Vicente Risco y Blanco Amor. No en vano fue reconocida como la Atenas de Galicia, en la época en que grandes y señeras figuras levantaron aquí su voz para dar testimonio de todo lo que significa y representa Galicia en la cultura del mundo, y proyectarla en los campos humanísticos, científicos y económicos».
Felipe VI
Tres cousas hai en Ourense,
que non as hai en España,
o Santo Cristo, a Ponte
e as Burgas fervendo auga.
(Anónimo)
Meu pai tíñalle un cariño especial a Ourense… Contábanos que sendo un mozo, cando a necesidade era unha prontitude, traballara na «Cidade das Burgas» durante un tempo, e tiña moi bos recordos da súa estancia na mesma. O que con máis agarimo relembraba era a fonda onde se hospedara e da xente que tan ben o tratara, pero sobre todo o polbo a galega que a dona e cociñeira da hospedaxe preparaba. Tanto é así que, de camiño a casa dende a Francia, era de obrigado cumprimento a proba do polbo na fonda da súa mocidade. De seguro foi o que tanto me afeccionou a este exquisito manxar da nosa cociña… Por desgraza, a miña memoria xa no é o que foi, eu que tanto dela presumín, e non acabo de recordar como se chamaba aquela fonda, e moitos menos onde se situaba. Poida que aínda exista… Se a casualidade algún día lévame até a súas portas, entrarei e, se aínda preparan polbo a galega, tomarei unha ración, ou dúas, e relembrarei o meu pai e o especial cariño que lle tiña a esta cidade, o mesmo do que eu gozo agora.
In memoriam
Entre queixumes dos pinos coñecinte un serán de outono de non relembro ben que ano deste derradeiro lustro. Sei que vin a ve-la miña sobriña cantar, e un home amable, sumamente educado, con don de xentes, estou seguro, e de pelo cano, foime presentado por Nerea, a miña citada sobriña. Debo dicir, para non ter que deshonrar a sinceridade que, cando Armando prestouse a axudarme no que puidera na miña promoción como escritor novel, non lle prestei o crédito debido. Pobre de min, home de pouca fe!… Pediume o teléfono e nunca esperei a súa chamada, até que esta produciuse. Dende entón, con Armando Lastra a cabeza como anfitrión, non deixei nin deixo de desfrutar desta cidade: Ourense. Grazas por acollerme, por levarme o Liceo, a radio, a biblioteca, por deixarme amosa-la miña obra entre as túas xentes, esas xentes do redor da que agora eu formo parte. Bendigo, se é que podo face-lo, o día desa chamada xestada entre queixumes dos pinos.
Grazas.
Xa entón viñan a pola túa bondade, a polo teu corazón de ouro. E como non ía ser!, se as túas augas proceden de terras sacras, de onde o noso Miño recolle-lo seu fillo Sil para guialo até o edén do Atlántico, mesmo aló onde os malentendidos afátanos do nosos irmáns. A súa beira fuches medrando alimentándote das súas riquezas; do seu paso manso foise fraguando o teu carácter indomábel; do seu recendo herdaches aromas a ribeiro. Logo, vaise arredando sorrindo e saudando cada vila e pobo que atopa ao seu maxestoso paso cantando as túas riquezas, belezas e bondades aos catro ventos: conta a lenda que o que di, é que atopou o dourado, que este non se atopa na África nin nas Américas como se pensa, senón aló onde as augas fumegan baixo os teus pés. É discorre satisfeito co teu relembro… Xa pode morrer en paz.
Fóronse aqueles que viñeron a polo teu ouro, deixándote seica sin el, mais, o que non puideron levarse foi a túa calor que zumegas por todos e cada un dos poros da túa pel, senón só gozar del. Nas túas «Burgas» bañáronse e até curáronse aristócratas e plebeos, reis e cabaleiros, príncipes e princesas, curas, frades, monxes, mozas e mozos, ricos e pobres. Non podía ser doutro xeito sendo ti cruce de camiños, nai que a todos acolle. É normal que estés adobiada de tantas pontes, porque ti es a que une, que tende as pasarelas da amizade. Ti nunca fallas, as túas quentes augas de corazón douro converxen nos cruceiros entre pontes e camiños que levan nos seus beizos murmurios da boa esperanza. O foráneo sentirase como na súa patria, o veciño como na súa casa, o camiñante hospedado, o descoñecido coma un máis de entre vos e, para o migrante, non hai mellor fogar.
Así es ti, vila do ouro, das termas, das pontes e dos cruces; do Santo Cristo, San Martín de Tours e revolta irmandiña; da Festa dos Maios e o Corpus, do Magosto e o Entroido; da Corte do Nobre Reino da Galiza e dos segredos encontros do «Hermoso» e a «Loca» urdidos polo celestino Cisneros; vila da autenticidade galega.
Da igual por onde camiñes, polo Xardín do Posío, a Praza San Cosme ou o Botánico Montealegre, ou ben visites o Pórtico Paraíso da Catedral, ou ben atravesa-lo Miño pola Ponte Romana coma facíano os que viñeron a polo teu ouro ou pola Milenio nunha pose máis de home actual, ou ben te achegues cara a Cebollino, Reza, Beiro, Velle, Untes, Vilar de Estrés ou calquera outra da súas parroquias, o seu lene clima mediterráneo fará do paseo un exercicio sen parangón de equilibrio espiritual. E se por ventura a chuvia fixera acto de presencia, non te preocupes nin te amoles que, eiquí, de paraugas sabemos dabondo: estamos afeitos a abriga-la xente. Ourense é o acubillo de todos, e se a tristura teima por non abandonarte, mergúllate nas sulfurosas augas da Chuvasqueira, O Tinteiro ou o Muíño da Veiga e prepárate para un rexenerador baño de almas perdidas.
Pero Ourense non é só a beleza do que ves, senón a beleza que a súa xente amosa. Beleza de xente de ben, grande e nobre; hospitalaria e sinxela; magnánima e bondadosa; filántropa e culta. Non é por casualidade que eiquí nacera «O' Volter», o bar do «Tucho», co Mestre Antonio Fontenla a cabeza, que soubo reunires en torno a unhas chiquitas de ribeiro a escritores e poetas da talla de Casares, Méndez Ferrín ou Millán Picouto; pintores coma Quesada, De Ríos ou Vidal Souto; escultores coma Ascilo ou Buciños. Te-lo aí o teu apodo dabondo gañado e merecido, a «Atenas de Galicia», na que unha xeración falou de Nós. Dun novo rexurdimento que atopou polas túas rúas e currunchos, parques e paseos, un lugar idóneo para berrarlle ó mundo que Galiza tamén existe. Así e todo, a xente que non nos entenden ni atenden, avasalounos impoñéndonos leis, normas e costumes, lingua e cultura alén Os Peares e O Padornelo, e co peche de «O' Volter» quixeron extingui-la Xeración Nós, sitiando e asediando a «Atenas Galega». Pero non é tal, o rexurdimento segue agochado no espírito ourensán entre queixumes dos pinos, liceos e bibliotecas; entre esas xentes do redor que faise a tola elevando a arte a nosa tan enxebre retranca, pero que non esquece de onde é nin onde mora. Eiquí, Nós os galegos, rexurdiremos das nosas cinzas. De novo en Ourense estase a cociñar a nova fornada da cultura ceibe e independente entre Nós, A Xente do Redor. O espírito de Risco, Cabanillas ou Castelao está máis vivo ca nunca e Nós témo-la obriga de expandi-lo por toda Galiza, e de Galiza para o mundo. A min non se me ocorre mellor lugar de partida que a cidade de Ourense, a «Atenas de Galicia».
rpm ‘21
Fornelos de Montes, abril 2021
Presentación Revista nº5




Presentación Revista nº6



