top of page

«CARTAS DESDE GALIZA»

Actualizado: 5 oct 2024

ree

Meu Querido Irmán Meirande.

      Non é doado moitas veces trabar unha conversa medianamente interesante entre dúas persoas, y máis cando unha delas tenta face-lo por escrito. E digo interesante, que non intelixente, porque o segundo é-che moito máis complicado, sobre todo se quen propón a conversa non ten nin as luces nin a ocorrencia, necesarias. De aí que moitas veces, cando ren se nos ocorre de que falar, falamos do tempo, como se este fose un tema para os non iniciados da linguaxe e o coñecemento. Talvez sexa, Querido Irmán Meirande, porque definición clara non temos ao respecto, incluído ao tan recorrido tempo atmosférico.


      Non é aquí o meu propósito falar do tempo en ningunha das súas acepcións, sendo este unha saída, máis que socorrida, á miña limitada ocorrencia. Nestes casos, que son máis frecuentes do que podes imaxinar, recorro ao que me propón o mesmo desenvolvemento do que vou plasmando negro sobre branco, tinguindo momentos compartidos pola caligrafía, invadindo perímetros dunha superficie anquilosada polo devir dos acontecementos... e deixo-me levar por eses mesmos momentos compartidos, coma fago cando a historia que quero contar atópase nunha situación da que non son capaz de rescatar-me... pero as historias, coma a vida, sempre atopan saída coa que seguiren adiante.


     Non faltarei a verdade confesándote que agora mesmo estou a poñer en práctica devandita práctica, porque, sendo sincero, ao inicio desta ren ocorríase- me dicir-che porque nada tiña previsto. Normalmente, cando acometo querer escribir algo a alguén, trato de escoller un tema sobre o cal falar. Hoxe, con todo, por máis que quixen esforza-los meus minguados miolos, ren deles puiden sacar... Pero o devir dos acontecementos desta superficie anquilosada, veu-me rescatar en forma de tempo.


      Non sei precisar canto del transcorreu, pero non fai moito contei-che, se mal non lembro, o que me aconteceu cunha das miñas «lectoras», esa cun día, ao ires compra-lo pan, abordou-me na rúa e, entre outras cousas, pediu-me que non deixara nunca de escribiren. Fixen-che notar a miña perplexidade, pudor e ata vergoña ante semellante aloumiño, e ti, coma sempre, coa túa xenuína sapiencia viñeches-me a aconsellar coma ninguén o fai. Dixeches-me que o que tiña que facer era agasallar a esa «lectora» cun escrito ou unha referencia nun deses meus escritos. Dito e feito: así fixen-no. 

      O que descoñecía era a reacción desa «lectora», pois seguiu-me a ler e, na última «CARTA DESDE GALIZA» dedicada a miña dona, volveu a carga cos seus aloumiños, publicando uns comentarios nun deses apartados das redes sociais despois de copiar e pegar íntegro o escrito na «CARTA» dedicado a miña dona polo seu aniversario. Por unha banda o seguinte:


Maravillosas palabras a una esposa, a una madre, a una mujer… felicidades familia, sigo disfrutando del "removimiento" que han creado esas palabras en mi corazón. Gracias una vez más por compartir.


E por outra:


Como humilde lectora, pues carezco de formación académica avanzada, te ruego que nunca dejes de escribir… tus letras llegan claras a la mente, al día a día, a vivencias reales; consigues, al menos en mi caso, trasladar esas cartas a la vida cotidiana, y hacer que un haz de luz entre por algún rincón, y termino de leer y pienso y vuelvo a leer… y digo... coño... que esto es real, que me identifico o no, pero real es...

Y en estos momentos convulsos de la humanidad, leer realidades de diferentes índoles para mí es muy importante.

Resumiendo, gracias, te seguiré siguiendo porque me encanta leerte y estoy convencida que muchos son los lectores-ras que piensan como yo.

Ahhh!!!, y sin desmerecer que gracias a seguirte conozco nuevas caras para mí en la escritura y eso enriquece.

Un saludo.


E agora si, que ren ocórrese-me...


      Parabéns, Irmán Meirande, que é o verdadeiro motivo polo que che escribo. A vindeira, procurarei ter pensado do que falar.


rpm´24


Fornelos de Montes, abril 2024.

Comentarios


Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
bottom of page