top of page

«CARTAS DESDE GALIZA»

Actualizado: 18 feb 2023


ree

Meu Querido Irmán Meirande.



Este serán, cando por teléfono estaba a falar contigo, coma se fora o máis natural do mundo, estabamos a falar de cousas da saúde. Non sería a primeira vez, creo eu, que de tal tema nos ocuparamos, pero eu, que sempre teño unha retorta no cerebro, viume os miolos lembranzas doutros tempos, eses que eu adoito chamar lembranzas sen dono. Neles, claro está, estás ti, pero o que nunca falla é o Noso Pai. Máis tratándose do que nesta ocúpanos.


Seguirei tirando dos meus pouco fiábeis miolos o amparo da miña non máis segura memoria, pero si estes dous últimos non me enganan, creo recordar que nalgunhas destas misivas que, de cando en vez, adícolle a alguén próximo a min, víñate a situar no lugar que por desgraza quedou baleiro á morte de Papá. Que agora tocábache a ti presidi-la táboa á hora de xantar, ti es o noso novo patriarca, se dalgún xeito permítesmo así expresa-lo. «É unha honra!», dirás ti; pois, de certo, si que o é. E ninguén, desde logo, mellor que ti podía asumir ese rol. Sei que no é nada doado a pesar do que en aparencia pódese pensar.


Pero hai outra vertente (siga a retorta co meu cerebro – «A cabeza non para», dirías ti ), e trátase da idade. Se es o patriarca, e que tes os anos suficientes como para asumi-lo e, normalmente, non sei se son con moitos, do que estou seguro é de que no son poucos. O tempo, como é sabido, inexorablemente pasa sen deterse a esperar por ninguén. Os anos vanse sucedendo e os aniversarios acumulando até chegares a idade de falar da saúde, esa que, por desgraza, vaise deteriorando ó paso daqueles. Lembro a Papá cos anos que agora eu teño e como se queixaba do que fora e do que era, de como o corpo empezáballe a pasa-la facturas dos abusos do pasado tanto voluntarios coma non, de como no «Paspallás », con xente da súa quinta, o tema de conversa – ademais da sempre recorrida meteoroloxía – era a saúde, é como nas súas facianas adiviñábase un punto de preocupación, coma se este fora de inflexión. E agora é a nosa quenda, tócanos a nos. Ou, a lo menos, así parece.


Non sei por que estoute a falar destas cousas. Será tamén cousas da idade. Xa se sabe, canto máis cousas recordamos, polo xeral, e porque máis tempo temos vivido. «Batallitas» e saúde son entretementos – fútbol, meteoroloxía de peto e política de café son outros dos temas estrela – moi do gusto da xente que, coma nós os dous, vese atrapada nese limbo entre pouco e moito tempo vivido. Depende de cada quen, pero eu prefiro pensar no moito que aínda queda, porque, por máis del que temos as costas, sempre penso que a vida é demasiado curta como para dicir que xa fai moito tempo... Algún día, quizais, faremos coma o Noso Pai e a xente da súa quinta e, nun imaxinario «Paspa», estaremos a ler as necrolóxicas do «Faro». Até entón emprázote, i espero que sexa con boa saúde por ámbalas dúas partes.


Despídome, Irmán Meirande, non sen antes advertirche de que caso algún lle fagas ó aquí exposto, só son divagacións de alguén que non quería falar de saúde nin contar «batallitas»; o que de verdade quería, era felicitarte polo teu nonseicanto aniversario. «Saúde e pesetas!», como diría o Noso Pai.


Afectuosamente, teu irmán.


rpm ‘21

Fornelos de Montes, abril 2021.


P.D.: Son consciente da tardanza coa cita, pero sírvame de coartada a conserva telefónica que contigo mantiven no día adecuado.

Comentarios


Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
bottom of page