«CARTAS DESDE GALIZA»
- RUBENS PINTOS MARTÍNEZ
- 18 abr 2018
- 3 Min. de lectura
Actualizado: 3 sept

Meu Querido Irmán Meirande.
A nosa irmá, Olguita, agasállame, fermosa e agradablemente, case sempre que con ela coincido, dicíndome que lle recordo moito a Papá pola miña semellanza física con respecto a el. Máis que esta devandita semellanza física, penso que o que quere expresar é que, aínda que esta non é nada deseñábel — segundo sempre a súa opinión —, o que de verdade é máis notábel é máis ben unha concordancia xesticular. É dicir, que o xesto, as expresións faciais e até corporais, coma o xeito de sorriren ou de erguerme dunha cadeira, falle relembrar ao noso finado e amado Pai. Eu, toda vez que así mo di, enchido de orgullo cústame manterme nos límites do xa máis que bondadoso perímetro dos meus pantalóns. Adoito responderlle a miúdo, a medio andar entre a brincadeira e a crenza por fe, que a min toucoume en sorte a mellor parte da herdanza paterna.
Por outra banda, cando esta percepción foi esgrimida por min mesmo, nuns deses debates tan nosos por familiares, diante das túas fillas, estas, como cabía esperar, expresaron a súa desconformidade. Elas sostiñan que quen realmente aseméllase a Papá, es ti. Non serei eu quen negue tal afirmación. Non son ningún experto nestes temas — nin en ningún outro —, pero ocórreseme que o feito de que nalgunhas ocasións téñenme confundido — de pequeno máis dunha persoa chamábanme «pequeno Marcos» — contigo, algo terá que ver có noso parecido con Papá. Dito de outro xeito, se queres: se eu asemello-me a ti, e ti a el, os dous asemellámonos a el. Está claro que non fai falla seren moi listo para descubrir que isto moito ten que ver coa xenética.
É posíbel que eu posúa, como afirma a nosa irmá, un parecido físico con noso pai maior que o teu. Moitas veces eu mesmo sorpréndome con algún xesto que mo fai recordar, como cando vou conducindo e freto as xemas dos polgares de ámbalas dúas mans namentres agarro o volante pola súa parte superior. Lémbraste cando Papá facía-o? Pero non pasa de aquí, dunha semellanza física, dunha réplica dun xesto aprendido por repetitivo que ten tódalas probabilidades de non superar a simple imitación. A coincidencia no comportamento físico, e doutra índole, seica que ven dado o través de dúas vertentes: unha, a xenética; outra, por imitación. É dicir, unhas semellanzas son herdadas e outras simplemente son imitadas ou copiadas. No teu caso, se mo permites, é diferente. Non son o suficientemente observador para apreciar esas semellanzas físicas, esas formas de imitación dos xeitos e xestos, ese parecer só nas aparencias, na superficialidade. Pero si teño esa fina intuición de percibir o que agóchase de fundo. Ti es moito máis coma Papá era en si e de por si; do que en verdade importa, do que era coma persoa, que era moito é bo, que éncheme de orgullo por tervos por pai e irmán.
Os xestos, as maneiras, como xa quedou dito, pódense herdar ou imitar. O que un é, só se pode transmitir pola vía xenética, pola sanguínea se o prefires. E ti si que podes presumir de herdar a mellor parte da herdanza. De tódolos xeitos, non nos fagamos moitas ilusións. No fundo, ti máis eu, non deixamos — e sabémolo — de seren unhas copias da orixinal, como o é a palabra á idea e a escritura a fala. Emporiso, debo confesar que, con respecto a ti, teño que admitiren que ti, aínda que non es a luz mesma, si emanas da mesma, i eu, como moito, son parte da parte que desaparece envolta polas tebras e a escuridade; até pode que non pase de ser un facho que non pasa de ser unha simple e vulgar imitación.
Non sei como as veces — ou case sempre — acabo atrapado nestes «fregaos» ou meténdome nestes embrolla, eu que só son un principiante en idade embrionaria nisto do coñecemento. Como é posíbel que che veña agora con estas leas existenciais? A resposta é ben sinxela: até onde podo alcanzar, acado, a lo menos, felicitarte polo teu aniversario, que é, a fin de contas, o verdadeiro motivo — coma de costume — polo cal adícoche estas poucas verbas mal paridas e pode que até incluso tentadas de ser unha copia de alguén máis sabio que eu, o que, dito de paso, non é nada difícil. Porén, do que si pódoche dar garantías é de que as felicitacións coas que che agasallo sáenme do corazón... Non sei face-lo doutro xeito. Pode que como facía-o Papá... pero só pode.
Sen nada máis por agora que dicirche, recibe do teu irmán un agarimoso e sentido saúdo e unha forte aperta.
Como a un irmán che falo.
rpm’18
Fornelos de Montes, abril 2018.
Comentarios