top of page

Miguel Ángel Martínez Coello e Avelino Jácome co-fundadores da Revista Nós, a Xente do Redor

Revista,
Nós, a Xente do Redor

 Avelino Jácome Iglesiqas Director da Revista Nós, a Xente do Redor

Miguel Ángel Martínez Coello e Avelino Jácome co-fundadores da Revista Nós, a Xente do Redor

      A revista Nós, a Xente do Redor, é un movemento que reúne uns cantos galegos conscientes do que son coma galegos e que pretenden turrar pola nosa cultura de forma ceibe e plural, sen condicionamentos, fora do alcance de calquera presión ou aliñamento no eido do pensamento e a política.

      Xurde en plena pandemia pola COVID-19, na que, uns «tolos» ourensáns, con Avelino Jácome e Miguel Martínez Coello a cabeza,  dan-lles por editar un revista que tenta, salvando as distancias,  emula-lo espírito daqueles outros ilustres galegos que dende a «Cidade das Burgas» crearon o «Rexurdimento» ao través da xa afamada e lendaria revista «Nós», que os que non nos entenden ni atenden quixeron afogar coa prohibición do noso legado cultural.

Algúns colaboradores

IMG_2001.JPG

Kiosco "MARISA" 

Fornelos de Montes 

GRAZAS Marisa

IMG_1996.JPG

Kiosco-Librería "EL PARQUE"

Ponte Caldelas

GRAZAS Paula

IMG_2007_Moment.jpg

Kiosco "REGALIZ" 

O Porriño

GRAZAS Manuel

IMG_2011.JPG

Kiosco "A XUNQUEIRA" 

Redondela

GRAZAS

IMG_1979.JPG

CYBER-VIDEO

Ponte Caldelas

GRAZAS Alberto

246441290_4441823262565944_1282898258316903634_n.jpg

Librería "EL COLEGIO"

Ponte Caldelas

GRAZAS Amaia

275627478_4916644305083835_8293176079357455481_n.jpg

Librería "LOLI"

Arcade (Soutomaior)

GRAZAS Loli

329930087_578291003921877_6889930356956241794_n.jpg

Kiosco "EL PINAR" 

O Porriño

GRAZAS Belén

297883191_5330896933658568_7099452455124337794_n.jpg

Kiosco "LOURAMBAL" 

Torneiros (O Porriño)

GRAZAS Moncho

Presentación Revista nº1

Soy un párrafo. Haz clic aquí para agregar tu propio texto y edítame. Es muy sencillo.

269830143_460617475649387_7835466983469590724_n.jpg
87840876_2769404943141126_4791095478215245824_n.jpg

O pasado xoves, día 11, na sala Tony Ferrer de Ourense, tivo lugar a presentación do número 1 da nova revista cultural galega, «Nós, A Xente do Redor».

Eu non son de Ourense, pero si son galego, son universal e, agora, son «Xente do Redor». Non só teño a honra e o privilexio de así pode-lo contar, senón que agora teño a bendita sorte de «pertencer», de unirme, ao través da colaboración xenuína , a un grupo de persoas unidas polo só afán do coidado, a conservación e divulgación da nosa cultura, a cultura galega.

Os ideólogos e promotores desta aventura, Miguel Ángel Martínez Coello e Avelino Jácome, son desas persoas que fan real aquel dito que di que a sorte favorece aos audaces. Porque hai que ser moi valente, nun momento tan insólito coma o que estamos a vivir (e máis até fai pouco), para aventurarse nesta tolemia de, nada máis e nada menos, tentar de seguí-la estela, recolle-la testemuña do que no seu día, aló polo 1920, Vicente Risco, Ramón Cabanillas e o mesmo Castelao idearon a prol da cultura galega coa creación da revista Nós.

Só na «Atenas galega» podían converxer todos os elementos e circunstancias para que semellante empresa se leve ao cabo. Xa daquela, os primeiros quince números da revista Nós foran editados en Ourense. Hoxe, na mesma cidade, uns intrépidos auto-nomeados «Xente do Redor», xa sacaron a luz o número 1 da nova revista, «Nós, A Xente do Redor», co único propósito do rexurdimento da nosa cultura tal como fai un século aqueles ilustres e salientábeis galegos propuxeran.

E a min, sen saber como, sen méritos algúns especialmente adquiridos, deixan-me ser partícipe desta tolería, tratando-me coma un máis deles, un máis da «Xente do Redor»; e non só iso, senón que permiten-me colaborar na revista. É, por suposto, unha honra, e só podo dar o mellor de min nesta colaboración como mostra do profundo agradecemento que sinto por esta «Xente do Redor».

Temos que apoiar, coma galegos que somos e sentímonos, iniciativas desta índole!

Coma nomes propios citarei dúas persoas especiais para min: Gracias Avelino, gracias Armando; coma conxunto, coma comunidade: Gracias Ourense, gracias «Xente do Redor»!

Presentación Revista nº2
D.E.P. Amigo Fernando

151794425_256210412756762_2356855502549941897_n.jpg
IMG_2966_edited.jpg

Presentación Revista nº3

Onte na "Atenas galega"«», e nun dos seus locáis máis emblemáticos da cultura, tivo lugar a presentación do nº 3 da revista "Nos, a Xente do Redor"«», na que eu teño a hona de participar.

Foi un acto sinxelo, sen pretensións, que o que os fundadores queren salientar, porque a cultura, aínda que as veces o pareza, non é complicada, e menos complexa.

Este novo "rexurdimento"«» xa conta coa seu tercer andar, un paso máis nos moitos que aínda ten que dar.

Grazas por deixarme dalos con vos!

Afouto a todo quen ame a nosa lingua, a nosa terra, en definitiva, a nosa cultura, que onde se agocha o noso ser coma pobo, que colabore con "Nos, a Xente do Redor"«» comprando a revista e mesmo subscribíndose.

Moitas grazas!

162389963_3798341926914084_5385035508686640888_n_edited.jpg
204265668_4070191013069128_5152688622573396628_n.jpg
161547816_3798342383580705_9113352610823800379_n.jpg
162112130_3798342116914065_6889852871259196720_n.jpg
162521698_3798342443580699_5393276870254312751_n.jpg

Presentación Revista nº4

204601987_336412821403187_5009470789305097603_n.jpg
188492366_3984068545014709_3029852594225822653_n.jpg
207249062_4081152558639640_3498544846363227106_n (1).jpg
203063863_4072076349547261_3484653539909357683_n.jpg
131579666_4054519697969593_1940481966120148898_n.jpg
2856657707133846416.jpeg

20 xuño do 2021, presentación do nº 4 da revista Nós, a Xente do Redor, e cocido de irmandade

IMG_3518_edited.jpg

OURENSE

 

«Esa antigua ciudad, que riega el río padre de Galicia y cuyas aguas calientes fueron tan celebradas por los clásicos, continúa conservando todo aquel encanto que tantas páginas literarias dio a la cultura gallega en las plumas de Otero Pedrayo, Vicente Risco y Blanco Amor. No en vano fue reconocida como la Atenas de Galicia, en la época en que grandes y señeras figuras levantaron aquí su voz para dar testimonio de todo lo que significa y representa Galicia en la cultura del mundo, y proyectarla en los campos humanísticos, científicos y económicos».

 

Felipe VI

 

Tres cousas hai en Ourense,

que non as hai en España,

o Santo Cristo, a Ponte

e as Burgas fervendo auga.

 

 (Anónimo)

     Meu pai tíñalle un cariño especial a Ourense… Contábanos que sendo un mozo, cando a necesidade era unha prontitude, traballara na «Cidade das Burgas» durante un tempo, e tiña moi bos recordos da súa estancia na mesma. O que con máis agarimo relembraba era a fonda onde se hospedara e da xente que tan ben o tratara, pero sobre todo o polbo a galega que a dona e cociñeira da hospedaxe preparaba. Tanto é así que, de camiño a casa dende a Francia, era de obrigado cumprimento a proba do polbo na fonda da súa mocidade. De seguro foi o que tanto me afeccionou a este exquisito manxar da nosa cociña… Por desgraza, a miña memoria xa no é o que foi, eu que tanto dela presumín, e non acabo de recordar como se chamaba aquela fonda, e moitos menos onde se situaba. Poida que aínda exista… Se a casualidade algún día lévame até a súas portas, entrarei e, se aínda preparan polbo a galega, tomarei unha ración, ou dúas, e relembrarei o meu pai e o especial cariño que lle tiña a esta cidade, o mesmo do que eu gozo agora.

In memoriam

      Entre queixumes dos pinos coñecinte un serán de outono de non relembro ben que ano deste derradeiro lustro. Sei que vin a ve-la miña sobriña cantar, e un home amable, sumamente educado, con don de xentes, estou seguro, e de pelo cano, foime presentado por Nerea, a miña citada sobriña. Debo dicir, para non ter que deshonrar a sinceridade que, cando Armando prestouse a axudarme no que puidera na miña promoción como escritor novel, non lle prestei o crédito debido. Pobre de min, home de pouca fe!… Pediume o teléfono e nunca esperei a súa chamada, até que esta produciuse. Dende entón, con Armando Lastra a cabeza como anfitrión, non deixei nin deixo de desfrutar desta cidade: Ourense. Grazas por acollerme, por levarme o Liceo, a radio, a biblioteca, por deixarme amosa-la miña obra entre as túas xentes, esas xentes do redor da que agora eu formo parte. Bendigo, se é que podo face-lo, o día desa chamada xestada entre queixumes dos pinos.

      Grazas.

      Xa entón viñan a pola túa bondade, a polo  teu corazón de ouro. E como non ía ser!, se as túas augas proceden de terras sacras, de onde o noso Miño recolle-lo seu fillo Sil para guialo até o edén do Atlántico, mesmo aló onde os malentendidos afátanos do nosos irmáns. A súa beira fuches medrando alimentándote das súas riquezas; do seu paso manso foise fraguando o teu carácter indomábel; do seu recendo herdaches aromas a ribeiro. Logo, vaise arredando sorrindo e saudando cada vila e pobo que atopa ao seu maxestoso paso cantando as túas riquezas, belezas e bondades aos catro ventos: conta a lenda que o que di, é que atopou o dourado, que este non se atopa na África nin nas Américas como se pensa, senón aló onde as augas fumegan baixo os teus pés. É discorre satisfeito co teu relembro… Xa pode morrer en paz.

      Fóronse aqueles que viñeron a polo teu ouro, deixándote seica sin el, mais, o que non puideron levarse foi a túa calor que zumegas por todos e cada un dos poros da túa pel, senón só gozar del. Nas túas «Burgas» bañáronse e até curáronse aristócratas e plebeos, reis e cabaleiros, príncipes e princesas, curas, frades, monxes, mozas e mozos, ricos e pobres. Non podía ser doutro xeito sendo ti cruce de camiños, nai que a todos acolle. É normal que estés adobiada de tantas pontes, porque ti es a que une, que tende as pasarelas da amizade. Ti nunca fallas, as túas quentes augas de corazón douro converxen nos cruceiros entre pontes e camiños que levan nos seus beizos murmurios da boa esperanza. O foráneo sentirase como na súa patria, o veciño como na súa casa, o camiñante hospedado, o descoñecido coma un máis de entre vos e, para o migrante, non hai mellor fogar.

      Así es ti, vila do ouro, das termas, das pontes e dos cruces; do Santo Cristo, San Martín de Tours e revolta irmandiña; da Festa dos Maios e o Corpus, do Magosto e o Entroido; da Corte do Nobre Reino da Galiza e dos segredos encontros do «Hermoso» e a «Loca» urdidos polo celestino Cisneros; vila da autenticidade galega.

      Da igual por onde camiñes, polo Xardín do Posío, a Praza San Cosme ou o Botánico Montealegre, ou ben visites o Pórtico Paraíso da Catedral, ou ben atravesa-lo Miño pola Ponte Romana coma facíano os que viñeron a polo teu ouro ou pola Milenio nunha pose máis de home actual, ou ben te achegues cara a Cebollino, Reza, Beiro, Velle, Untes, Vilar de Estrés ou  calquera outra da súas parroquias, o seu lene clima mediterráneo fará do paseo un exercicio sen parangón de equilibrio espiritual. E se por ventura a chuvia fixera acto de presencia, non te preocupes nin te amoles que, eiquí, de paraugas sabemos dabondo: estamos afeitos a abriga-la xente. Ourense é o acubillo de todos, e se a tristura teima por non abandonarte, mergúllate nas sulfurosas augas da Chuvasqueira, O Tinteiro ou o Muíño da Veiga e prepárate para un rexenerador baño de almas perdidas.

      Pero Ourense non é só a beleza do que ves, senón a beleza que a súa xente amosa. Beleza de xente de ben, grande e nobre; hospitalaria e sinxela; magnánima e bondadosa; filántropa e culta. Non é por casualidade que eiquí nacera «O' Volter», o bar do «Tucho», co Mestre Antonio Fontenla a cabeza, que soubo reunires en torno a unhas chiquitas de ribeiro a escritores e poetas da talla de Casares, Méndez Ferrín ou Millán Picouto; pintores coma Quesada, De Ríos ou Vidal Souto; escultores coma Ascilo ou Buciños. Te-lo aí o teu apodo dabondo gañado e merecido, a «Atenas de Galicia», na que unha xeración falou de Nós. Dun novo rexurdimento que atopou polas túas rúas e currunchos, parques e paseos, un lugar idóneo para berrarlle ó mundo que Galiza tamén existe. Así e todo, a xente que non nos entenden ni atenden, avasalounos impoñéndonos leis, normas e costumes, lingua e cultura alén Os Peares e O Padornelo, e co peche de «O' Volter» quixeron extingui-la Xeración Nós, sitiando e asediando a «Atenas Galega». Pero non é tal, o rexurdimento segue agochado no espírito ourensán entre queixumes dos pinos, liceos e bibliotecas; entre esas xentes do redor que faise a tola elevando a arte a nosa tan enxebre retranca, pero que non esquece de onde é nin onde mora. Eiquí, Nós os galegos, rexurdiremos das nosas cinzas. De novo en Ourense estase a cociñar a nova fornada da cultura ceibe e independente entre Nós, A Xente do Redor. O espírito de Risco, Cabanillas ou Castelao está máis vivo ca nunca e Nós témo-la obriga de expandi-lo por toda Galiza, e de Galiza para o mundo. A min non se me ocorre mellor lugar de partida que a cidade de Ourense, a «Atenas de Galicia».

rpm ‘21

Fornelos de Montes, abril 2021

Presentación Revista nº5

TDTY9634.JPG
246185353_4422358884519004_4771276477393571439_n.jpg
246415060_414865050224630_8610955096076184790_n.jpg
245648980_4427050040716555_7371213512904927204_n.jpg
246464048_4440162296071996_5041959004204952415_n.jpg

Presentación Revista nº6

  • Facebook
274457616_4859532150801673_8169223924761651556_n.jpg

SÍGUEME

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
IMG_0882_edited.jpg
IMG_0891.JPG

MIÑAS CARTAS

RUBENS PINTOS MARTÍNEZ - 

AUTOR LITERARIO

MIÑAS CARTAS DESDE EUKADI e MIÑAS DESDE GALIZA

12239562_997413580299825_1959910195831295050_n_edited.jpg
bottom of page